"Unha critica e unha opinion persoal desprendida da maior cantidade de prexuicios posibles, xa que de non ser asi o caracter constructivo desta perdese e convertese nunha opinion persoal infundamentada. Non se lle pode chamar critica a aquelo que facemos co obxectivo de promulgar unha realidade dende os nosos ollos sen contar cos dos demais, xa que esta debe conxugar todolos puntos de vista posibles para adquiri-lo anteriormente citado caracter constructivo e non incurrir nun acto de desprezo hacia os demais. As criticas educan a xente sen que nin sequera sexa necesario estar de acordo con elas. E non so iso, senon que con moita probabilidade, unha criticachea de realidades de moi diversa natureza sera moito mais aproveitable que aquela que pretende convertirse nunha realidade dogmatica. Mais desgraciadamente, este significado desta fermosa palabra parece que se esta a perder nestes tempos nos que supostos mesias intentan abordar cousas que non conhecen e que nin sequera se molestan en entender, soamente porque non comulgan coa realidade que intentan imponher a aqueles que non pensan, andan, visten, bailan ou foden a sua maneira. Que bonito e facil e dicirlle os demais como deben facer as cousas cando o unico que pretendemos e salvalos dese inferno no que viven! oh, si!! Un sintese deus detras dun boligrafo ou un teclado e un rato. Pero cando un descubre que os demais poden ser felices vivindo dun modo diferente o seu, facendo as cousas o reves, e inda asi non provocar dano algun nos que son diferentes a eles, acaba por reparar na inutilidade, na ineficacia e na insustanciabilidade de certo tipo de criticas telenovelescas. Por favor senhores...asegurense de falar do que saben sempre que sexan os demais os que os axudan a saber do que falan."
1 comentario:
Xok qué haber si te escribes algo akí de una vez, eh! y haber si mandas algún texto para la revista
Publicar un comentario